A mesma concelleira declara: “A rede viaria municipal, como puidemos comprobar os concelleiros populares, despois dun control exhaustivo, está en moi mal estado; por ese motivo hai moitas queixas dos veciños e debe investirse en mellorar as estradas”.
Soto indica que os concelleiros populares entenden “que a cantidade que se investirá con cargo ao Plan Único é insuficiente; por iso, o Concello, nos próximos orzamentos, debe dedicar partidas concretas a mellorar as estradas municipais e o centro urbano, no que tamén hai vías en moi mal estado, con fochancas moi grandes”. Este deterioro, din no PP, “débese a que non hai mantemento adecuado, porque o único que se está a facer e tapar as fochancas con medios propios; ás veces incluso quedan peor do que estaban. É una solución totalmente curtoplacista”.
Verónica Soto sinala: “Votamos a favor do Plan Único para Foz porque entendemos que os proxecto incluídos son necesario, pero aínda quedarán moitas estradas por amañar. Esperemos que este Plan Único veña complementado nos orzamentos municipais con partidas directas para acondicionar a rede viaria municipal”.
Os populares destacan que “a Xunta de Galicia ten concedida unha cantidade para amañar camiños rurais, que se pode sumar a este plan”. Soto sinala: “Debemos ser ambiciosos á hora de manter en boas condicións a rede viaria municipal porque supón facilitar a vida aos nosos veciños, especialmente nas parroquias do Concello de Foz”.