E é que dende o Grupo Municipal do PP lembran que, dos 236.000 euros investidos na vivenda comunitaria, 46.000 son aportados polos usuarios, mentras que os 190.000 euros restantes, corresponden á fondos do Goberno galego. “É dicir, a implicación da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais e na atención aos maiores de Alfoz é clara e manifesta”, aseguran.
“O Concello non pon nin un só euro nesta importante dotación. Cómpre, por tanto, ampliar horizontes e non pechar portas nin perder outras oportunidades, como pode ser contar coa colaboración da institución provincial”. Ademais, destacan dende o PP, “sería de sentido común. Por outra banda, sinalan, o alcalde e os dirixentes da Deputación son ben amigos, polo que todos valoraríamos que se fixesen as xestións oportunas para que o Sr. Tomé tamén se implicase e apostase por construír unha residencia no noso concello”, remarcan.
Apelando “á coherencia e, sobre todo, á colaboración debe existir entre administracións”, os populares de Alfoz adiantan que no vindeiro pleno municipal pedirán, precisamente, que a entidade local se dirixa ao organismo provincial para demandar deste último apoio económico para a execución do centro da terceira idade.