Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cre que “o abandono da pista polideportiva de Rinlo é outra mostra da deixadez do goberno local no deporte”

Ribadeo, 19 de febreiro 2022. Tito Suárez, responsable de deportes dos populares ribadenses, sinala que “o abandono da pista polideportiva de Rinlo é unha mostra da deixadez deste goberno local do BNG” en materia de infraestruturas deportivas.

O popular advirte que “o goberno local do BNG nin invirte nin traballa polo deporte da vila. Máis ben todo o contrario: abandona ás entidades que son as que ao final traballan para a nosa mocidade e para integrala no deporte”.

Tito Suárez explica que “fai días falabamos do mal estado no que se atopa o campo de fútbol e os aledaños do campo municipal Pepe Barrera e denunciabamos tamén o abandono que sufre o pavillón polideportivo municipal da rúa Alfredo Deaño”. A ese respecto, “seguimos esperando a que este goberno nos dea unha explicacións aos ribadenses ante esta falta de coidado e mantemento das infraestrutura deportivas”, indica.

“Agora vemos que no rural tampouco actúan”, engade. En relación á pista polideportiva de Rinlo pregúntanse “se foi construída para mantela en ruínas, como está agora”.

O popular asegura que “o goberno está a outras cousas, non sabemos a cales; pero, claramente, ao deporte non”, conclúe.

Exit mobile version