Lugo, 25 de febreiro de 2022. O PP da provincia de Lugo aclara que “a reunión celebrada este xoves cos afiliados de Barreiros forma parte da rolda de xuntanzas de traballo que o partido está a manter coas distintas agrupacións locais por toda a provincia”.
Os populares explican que “o obxectivo destas reunións é o de escoitar á militancia e, polo tanto, esta reunión serviu para escoitar aos afiliados de Barreiros, as súas opinións, as súas propostas e para coñecer máis de preto as necesidades do seu municipio”.
Subliñan que “é totalmente falso que se abordara o tema do candidato á alcaldía de cara ás vindeiras eleccións municipais do 2023. Non foi un dos temas tratados nesta xuntanza”.