Como pon de relevo a Medalla ao Mérito Deportivo que o colexio Martínez Otero ten a honra de posuir, o deporte forma parte importatísima na educación integral do alumnado desde idades ben temperás. A última adquisición de material, da que xa están a desfrutar os máis pequenos de Educación Infantil, son 20 bicicletas sen pedais e os seus cascos regulamentarios, acadados a través do departamento de Educación Física. Os obxectivos desta proposta son fomentar a mobilidade sostible e a educación vial, ademais de desenvolver a coordinación e o equilibrio de maneira natural e progresiva ao longo das sesións e do tempo de lecer nos recreos.
O Martínez Otero de Foz coa educación vial
O Martínez Otero de Foz coa educación vial
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
Rematadas as obras para mellorar os baños e o posto de socorro na praia da Rapadoira
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar