Os responsables deste servizo xunto ao delegado territorial explicaron aos estudantes o funcionamento desta central de coordinación, e os pasos a seguir desde que salta a alarma ata a extinción do incendio, así como os diferentes sistemas preventivos dos que dispón o edificio administrativo da Xunta en Lugo. Os alumnos, todos eles estudantes do ciclo formativo de FP de Xestión Forestal e do Medio Natural no instituto mindoniense, coñeceron in situ o funcionamento de varios sistemas preventivos, como o de control de cámaras, ademais de diferentes aspectos do plan de extinción de incendios da comunidade autónoma.