Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro continúa colaborando e apoiando as actividades da aula UNED Senior de Viveiro, facilitando neste caso un autobús para realizar a viaxe programada dentro da materia de Econoloxía.

Nesta materia de econoloxía, impartida entre o 21 de outubro e o 17 de febreiro, matriculáronse un total de 15 veciños de Viveiro. Deste modo, o pasado 17 de febreiro viaxaron a Brión e Boiro para aprender como xestionan o seu territorio os colectivos vinculados á UNED Senior deses lugares. A xornada, guiada por Carme Freire, contou con visitas ao espazo colaborativo “Transformando Brión”, acondicionado para o colectivo realice alí as súas conservas. En Boiro, visitaron as instalacións do Pazo de Goiáns, onde os usuarios puxeron en marcha unha horta comunitaria.

Exit mobile version