A edil de Servizos Sociais dixo que “como vimos facendo dende o comezo da pandemia, intentamos axudar achegando partidas de material sanitario para os nenos e nenas da nosa vila”.
Carmela López engadiu que “tamén estamos preparando o reparto de máscaras para entidades que traballan con colectivos vulnerables e que realizan actividades que poidan ser sensibles á propagación. É un xesto de axuda para sufragar o custo das máscaras, que polo momento, seguen sendo moi necesarias”.