Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reclama no Parlamento Galego implicación e axilidade por parte da Xunta para a creación dun polígono industrial en Muras

Muras, 4 de febreiro 2022. O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Parlamento Galego unha proposición non lei para o seu debate en pleno sobre a necesidade de desenvolver e acelerar os procesos da creación do polígono industrial do concello de Muras.

No ano 2016 o concello de Muras iniciou os procesos para poder contar cun polígono industrial debido ao interese de diversas empresas para afincar as súas naves e centros laborais nesta localidade. Despois de dar todos os pasos necesarios e presentando todos os informes positivos é incomprensible que seis anos máis tarde a Xunta de Galiza siga solicitando máis informes, entorpecendo a súa posta en marcha.

Desde o BNG consideran crucial o desenvolvemento dun polígono industrial en Muras, máxime tratándose dun concello do rural, coas dificultades que xa padecen de por si para poder asentar poboación e tachan o comportamento da Xunta de pouco comprensible, tendo en conta que estaríamos diante dunha ocasión para poder dotar Muras de oportunidades laborais e ofrecer os mesmos servizos ás empresas que calquera outra vila ou cidade galega.

Exit mobile version