Foz, 28 de febreiro, 2022. Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1977, o BNG de Foz reitera o seu firme compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. A construción dunha sociedade libre e xusta esixe a erradicación de todas as formas de discriminación e violencia que sofren as mulleres por ser mulleres. En 1995, a adopción da Declaración e Plataforma de Acción de Pequín foi un paso esencial na promoción e protección dos dereitos das mulleres e serviu para mobilizar aos gobernos e á sociedade civil para lograr medidas concretas para acadar a igualdade entre homes e mulleres e loitar contra as múltiples formas de discriminación. O BNG de Foz manifesta o seu firme compromiso para contribuir a erradicar todas as formas de discriminación que sofren as mulleres, garantindo para iso un compromiso lexislativo valente e firme para lograr a plena xustiza. Consideramos que debemos revalidar o noso compromiso co feminismo, mantendo un liderado que permita forxar alianzas globais nun contexto de alza dos discursos reaccionarios.
As reivindicacións das mulleres para este 2022 volven artellar en catro eixos: violencia, corpos, fronteiras e economía. Despois de rematar o 2021 con 43 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas, seis menores asasinadas e outros 30 orfos, xa abonda con toda a violencia que sufrimos en todos os ámbitos e espazos da nosa vida: na casa, no traballo. os espazos públicos, a parella, a familia, o ámbito laboral, a sociedade ou as institucións do Estado. Ademais, reivindican o dereito a decidir, como dereito de xustiza social que defende o feminismo, abrindo portas para que poidan expresar diferentes proxectos de vida, novas formas de vivir a sexualidade, a maternidade, o corpo e a identidade e/ou a expresión de xénero”. contra o control da sua vida sexual e reprodutiva, que é un instrumento de patriarcado para tratar de someter os corpos e a vida das mulleres, cis e trans. Existen fronteiras interiores, construídas a través do colonialismo, o racismo, a islamofobia, o antixitano, a aporofobia e o capitalismo, que cunha interpretación exclúen da cidadanía discriminan impunemente a través da Lei de Extranxeiría, non respectando os dereitos humanos e a libre circulación. Fronteiras que afectan especialmente ás mulleres migrantes e racializadas.
Por estas e moitas máis razóns é imprescindible que este concello apoie o Día 8 de marzo as movilización promovidas na defensas dos dereitos das mulleres.