Lourenzá, 3 de febreiro de 2022. Vilanova de Lourenzá celebrará o desfile de Entroido este ano. Será, como é tradicional, o Domingo de Piñata, que este ano coincide o 6 de marzo. Da organización encárgase o Concello e colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A alcaldesa, Rocío López, explica que “o tradicional desfile de Entroido de Lourenzá volve celebrarse este ano, despois de que no 2021 se optara por facelo on line. A programación e as bases do desfile daranse a coñecer nas próximas semanas. Estamos a traballar para garantir todo o cumprimento dos protocolos Covid e para que o evento transcorra do xeito máis seguro posible”.