A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou esta mañá nos actos celebrados en Mondoñedo con motivo do aniversario de Álvaro Cunqueiro. A subdelegada sumouse á homenaxe organizada polo Concello de Mondoñedo cadrando coa conmemoración do 41 cabodano do escritor mindoniense. Os actos comezaron no Cemiterio Vello, con unha ofrenda floral na tumba do escritor. No camposanto tamén se lle dedicou unha lembranza a Manuel Leiras Pulpeiro diante da súa tumba. Os actos continuaron no Auditorio municipal onde se proxectou un vídeo e se realizou unha lectura de textos de Cunqueiro.
Isabel Rodríguez asiste en Mondoñedo aos actos do aniversario de Cunqueiro
Isabel Rodríguez asiste en Mondoñedo aos actos do aniversario de Cunqueiro
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela