No día de hoxe, o alcalde Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, achegáronse ata a rúa onde se vai acometer a actuación para manter unha reunión coa veciñanza do lugar.
A execución pretende mellorar a accesibilidade do vial, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns. Vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación. Por último, acometerase unha renovación do firme, adecuado ás condicións de accesibilidade actuais.
O orzamento total desta execución ascende a un total de 104.492 euros, con fondos procedentes do Plan Único.
Alfonso Villares: “con esta obra pretendemos mellorar as infraestruturas básicas existentes, apostando por un espazo de carácter público de calidade, cómodo e accesible, que contribúa a satisfacer as necesidades básicas da nosa veciñanza”.
Apunta o rexedor que “esta actuación, que nace froito da comunicación cos veciños e veciñas, está en sintonía coas liñas xerais do noso equipo de goberno de adecuar o noso municipio ao contexto actual en materia de accesibilidade e integración”.