Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes as monitoras de Gaia, pertencentes á Concellería de Medio Ambiente que dirixe Toñi Eijo, estiveron cos alumnos de 3° de primaria do CEIP Virxe do Carme

Os nenos e as nenas participaron nunha actividade denominada A reciclaxe ten moito que contarche “na que traballamos a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar e tamén os distintos contedores que temos no pobo e a importancia de separar correctamente o lixo”. Gaia repartiu entre as rapazas e os rapaces un pack con bolsas reutilizables “ideais para cando mercamos froita, verdura ou produtos a granel, nas que aparecen ademais o teléfono e horario do punto limpo”.

Exit mobile version