Cervo, 11 de febreiro de 2022.- A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, fixo entrega a tarde deste xoves das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai varios anos.
Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.
O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, figueiras, carballos, aguacateiros…
O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 121 árbores solicitados polos veciños.