O evento comezará ás 18h coa regueifeira Alba María como convidada que, na súa palestra Trovadoras: historia das improvisadoras orais galegas, falará das mulleres transmisoras da literatura oral nunha viaxe musicada, partindo de Rosalía de Castro, a través da historia das improvisadoras orais, creadoras das coplas do noso patrimonio inmaterial.
Eva Teixeiro fará a presentación do acto e, como encerramento, lerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega. Ademais, a libraría Bahía de Foz acompañará a actividade e poderase degustar o “caldo de gloria” desde o mediodía.