Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega destaca a colaboración da Xunta co club de ximnasia rítmica Porta Norte cunha subvención de máis de 4.200 euros

Ribadeo, 26 de febreiro, 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a colaboración da Xunta de Galicia co club de ximnasia rítmica Porta Norte cunha subvención de máis de 4.200 euros porque “esta cantidade económica permite cubrir algunhas das necesidades do club e axudar ás familias a sufragar algúns gastos de equipamento para as nenas e nenos”.

Vega trasladoulles durante unha reunión con representantes do club a súa vontade de “seguir colaborando, igual que con todos os clubs da nosa vila” aos que o Grupo Municipal Popular dirixe o seu “máximo respecto”. De feito, explica que “estamos a escoitar de forma permanente as súas necesidades”. Así mesmo, felicitou ao club polo seu “magnífico traballo. Sentímonos moi orgullosos do club de ximnasia rítmica Porta Norte ao que lle desexamos grandes éxitos”, concluíu.

Exit mobile version