Site icon Crónica3.com A Mariña

Contestación á consulta sobre a Central Hidroeléctrica Reversible “Xistral” do Concello de Alfoz

Alfoz, 28 de febreiro, 2022. Na web municipal, www.concellodealfoz.com, na sección de Actualidade-Novas, están dispoñibles todos os documentos remitidos por este Concello ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Poderase ler o Informe do arquitecto técnico municipal así como o escrito presentado no rexistro do Concello de Alfoz, con data 22 de febreiro, por parte dunha integrante da Plataforma de veciñ@s afectad@s pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral, o cal foi remitido por este Concello xunto ao informe técnico, sendo o único escrito recibido dentro do prazo establecido (25 de febreiro) para enviar ao Ministerio a documentación relativa á consulta.

Toda esta documentación póde consultarse no seguinte enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/1xEqEoXLzspJbfjgQ4sHD6GqPjitKGlC9?usp=sharing

Exit mobile version