CCOO indicoulle que desde hai moitos anos e sobre todo desde que se produciu a integración de FEVE en ADIF e Renfe, os investimentos limitáronse a actuacións puntuais de mantemento, proba diso é que existen limitacións temporais de velocidade desde fai máis de vinte anos e cando hai temporais prodúcense numerosos incidentes en trincheiras e zonas de árbores.
Tamén lla informou que as numerosas incidencias que se producen nos servizos de viaxeiros, con supresións e transbordos é debido a que unha parte da frota que se usa ten moita antigüidade e os trens menos antigos sempre deron moitos problemas por deseño de fabricación, ao que hai que sumar o deficiente mantemento pola falta de repostos debido aos escasos orzamentos para esta zona.
Outro dos asuntos tratados é a non presencia de persoal ferroviario nas estacións de Viveiro, Xove e Burela e obrigar aos viaxeiros para comprar os billetes nas máquinas autoventa instaladas nas estacións, cuestión que prexudica aos usuarios de idade avanzada.
Desde CCOO cremos que a oferta de servizos ferroviarios é insuficiente, xa que só hai catro servizos por sentido e día entre Ferrol e Ribadeo, dous dos cales son conexión con Asturias, e deberíanse realizar xestións para incrementar a oferta cun servizos de proximidade que nalgún caso terían que ser entre Ribadeo e Ortigueira para dar un servizo de calidade en toda a comarca para estudantes, traballadores e demais usuarios, e aproveitar a intermodalidade cos buses na estación de Burela para conectar co Hospital da Mariña e os Institutos.
Expuxémoslle que A Mariña é unha zona onde desprázanse moitos turistas en época estival, ademais de datas puntuais como a Semana Santa e eventos folclóricos e festivais musicais, polo que sería importante incrementar os servizos ferroviarios nestas datas e que se solicitase a construción dun apeadeiro xunto á Praia das Catedrais que é un dos puntos máis visitado de Galicia e parece inconcibible que non teña unha parada o ferrocarril.
Solicitámoslle que todos estes puntos trasládeos ao resto de municipios e que estamos dispostos a manter as reunións que sexan necesarias para informais, así como que se pida ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se realicen todos os investimentos necesarios para a mellora da infraestrutura e servizos públicos ferroviarios.
Desde a Unión Europea hai unha aposta polo ferrocarril como medio de transporte máis ecolóxico e sostible e se teñen que presentar proxectos para que estean incluídos nos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia entre os cales deberían de incluírse os necesarios para o impulso desta liña ferroviaria.