Ribadeo, 20 de febreiro, 2022. O atleta ribadense Brais Díaz Salas, pertencente ó Club Atletismo Narón, participou na tarde de ontes no Campionato galego sub18 de atletismo en pista cuberta, evento que se celebrou nas pistas de Expourense.
Ata a cidade das Burgas se desprazou o atleta mariñán, coa intención de certificala sua progresión na disciplina de lanzamento de peso. Pronto se observou que as suas esperanzas eran boas, pois no primeiro lanzamento (12,11 m.) xa superaba o seu mellor rexistro ata a data.
Nos seguintes lanzamentos seguiría certificando a sua progresión, establecendo un mellor rexistro de 12,49 m. o que levábao a conseguir a sua mellor marca persoal, superando a anterior ata a data en máis dun metro.
Os lanzamentos de Brais foron, 12,11-X-12,07-12,09-11,91-12,49.
Estas marcas levaron a Brais a subir ó terceiro caixón do podium, só superado por dous atletas de maior idade, Fernando Vallines, das Escolas Deportivas Lourenzá, que resultou gañador da proba e Jesús García, do Atlétiva Valmiñor.
O seguinte obxetivo de Brais, está posto no Campionato galego de lanzamentos longos, que será o día 12 marzo e no que participará en lanzamento de xavelina.