Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interésase no Parlamento polo bloqueo do polígono industrial de Muras por parte do Goberno local

Muras, 26 de febreiro de 2022. O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento de Galicia, en relación co bloqueo, por parte do Goberno municipal de Muras, do futuro polígono industrial da Cabana.

O parlamentario interpelará á Xunta para que confirme o contido e alcance dos requirimentos feitos desde a administración autonómica ao Concello, e que aínda non se responderon desde o Goberno local, paso previo imprescindible para que poida autorizarse a futura área industrial municipal.

Balseiro interpelará á Xunta “non con interese de polemizar” se non de “ofrecer transparencia, para que a veciñanza coñeza que pasos quedan por dar e así lograr axilizar a construción do novo polígono”

“Todas as forzas políticas coincidimos no positivo que sería contar con solo industrial en Muras, para consolidar e atraer empresas e para xerar novas oportunidades de emprego. O PP levou este proxecto no seu programa electoral e o Pleno aprobou a iniciativa por unanimidade, co voto favorable de PP, BNG e PSOE. O que lle pedimos ao Concello é que non se durma nos loureiros, axilidade, que fale menos e traballe máis”

TRÁMITES PENDENTES

Para construír o futuro polígono industrial é preciso aprobar unha modificación das normas subsidiarias de planeamento nos terreos da Cabana. Este proceso, de gran complexidade, foi avanzando administrativamente desde o ano 2016, pero agora que está a piques de concluír atópase coa falta de interese do Goberno local que non responde á petición de documentación e á solicitude de corrección dos erros detectados no expediente.

“O Goberno local tivo dous requirimentos recentes. Un deles hai oito meses para que achegara máis documentación, algo que fixo a medias. O último en decembro do ano pasado e que aínda segue sen resposta”- aclara Balseiro.

Exit mobile version