Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron este venres cos alumnos e alumnas de Infantil do CEIP Virxe do Carme, que participaron nunha actividade denominada Os sons do bosque

Segundo explican desde Gaia “os rapaces e rapazas tiñan que agudizar o sentido do oído e intentar adiviñar a qué ou quén pertencía cada son. Podían ser sons da natureza (chuvia, vento…) ou de animais”. E engaden: “nesta cita fixemos fincapé na necesidade de coidar a natureza para que nela sigan vivindo multitude de especies animais”.

Exit mobile version