Segundo explican desde Gaia “os rapaces e rapazas tiñan que agudizar o sentido do oído e intentar adiviñar a qué ou quén pertencía cada son. Podían ser sons da natureza (chuvia, vento…) ou de animais”. E engaden: “nesta cita fixemos fincapé na necesidade de coidar a natureza para que nela sigan vivindo multitude de especies animais”.