O Vicedo, 7 Febreiro, 2022. Os Bombeiros de Viveiro traballaron arreo durante boa parte desta madrugada para atallar as lapas que calcinaron por completo unha casa deshabitada no Vicedo.
Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, segundo indicaron os medios de extinción foi imposible salvar la vida dun can que se atopaba nas inmediacións do inmoble.
Foron varias as persoas particulares que alertaron ao 112 Galicia, ao fío da media noite, para dar conta dun lume nunha casa no lugar de Abrela. Segundo o relato dun dos alertantes, tratábase dunha vivenda deshabitada e de construción de madeira.
Ata ao lugar acudiron axiña, tras ser alertados polo persoal do 112 Galicia, ademais dos bombeiros, os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Así mesmo, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención nalgún momento.
Con todo, tras rematar as tarefas de extinción, os efectivos de Protección Civil comunicaron ao 112 Galicia de que un cable do alumeado público tamén resultou danado a causa do incendio.