Site icon Crónica3.com A Mariña

Ainara Rodríguez Ares, campiona galega nos 800 m.l. sub 20

Mondoñedo, 22 de febreiro, 2022. O pasado domingo 20 de febreiro, Ainara Rodríguez Ares, proclamouse campiona galega nos 800 m.l. sub 20 na pista cuberta de Ourense. A atleta mindoniense realizou unha expectacular carreira na que en ningún momento abandonou o primeiro posto e así logrou, non só facerse co primeiro caixon do podium autonómico, se non alcanzar sobradamente a marca mínima esixida pola Federación Española de Atletismo para participar no campionato de España de pista cuberta que se celebrará en Antequera, Málaga, os vindeiros 12 e 13 de marzo.

Se 2 minutos e 20 segundos e o tempo máximo permitido pola federacion española para poder participar no campionato nacional, Ainara rebaixouno en case 3 segundos ó parar o crono en 2 minutos 17 segundos e 74 centésimas, marca coa que se colocou de forma inmediata, oitava no ranking de España na sua categoría, e que lle permitirá tamén participar no campionato de España en aire libre, ademáis do de pista cuberta, que se celebrará en Torrent (Valencia) no mes de xullo. Así pois, campionato galego, marcaza e dous billetes para dous nacionais de atletismo, foi o resultado desta atleta na cita de Ourense.

O podium dos 800 metros foi completado por outra atleta compañera de Ainara na Ginnástica de Pontevedra, equipo co que compite na actualidade, Carmen Victoria González e Clara Roman Martí, do atletismo femenino celta.

Exit mobile version