Burela, 15 de febreiro, 2022. As Guerreiras Laranxas non poderán disputar o derbi previsto para este sábado, coa xornada 18, na pista do Ourense Envialia FSF. Así resolveu o xuíz de Competición RFEF tras a activación do protocolo Covid-19 nas filas do Pescados Rubén Burela FS.
Nestes momentos hai tres casos positivos, con sintomatoloxía leve. O cadro burelista deberá permanecer baixo vixilancia 10 días. Por este motivo, Peque e Irene Samper, consideradas contactos estreitos, non poderán participar na concentración da Selección Española en Portugal, entre o domingo 20 e o xoves 24 de febreiro.
Esta é a segunda semana sen competición ligueira para as mariñás; o outro duelo galego, ante Poio Pescamar FSF, previsto para o sábado pasado tamén tivo que ser aprazado por positivos na estrutura pontevedresa.