11.15 horas; Recepción por parte do Alcalde no Cemiterio Vello.
11.30 horas; Ofrenda floral, ante a tumba do escritor, no Cemiterio Vello.
12.00 horas; Presentación aos medios e primeira proxección pública do documental Cunqueiro. A grande ilusión, coa presenza do Alcalde de Mondoñedo, do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García Gómez, do responsable de Ouvirmos Xosé Aldea, produtor do documental, do director do documental, Roberto Conde, e mais do Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro Armando Requeixo.
Lugar: Auditorio Municipal Pascual Veiga
12.45 horas; Maratón de lectura pública de obras de Cunqueiro.
Lugar: Auditorio Municipal Pascual Veiga
13.30 horas; Presentación aos medios é ao público asistente das bases do Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa, coa presenza do Alcalde de Mondoñedo, do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García Gómez, do director da Editorial Galaxia Francisco Castro e mais do Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro Armando Requeixo.
Lugar: Auditorio Municipal Pascual Veiga
Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada polo COVID-19. Recoméndase o uso da mascarilla FFP2