Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña, de Burela, acaba de impartir un curso teórico práctico de gases fluorados para a obtención do certificado oficial da Xunta, que lles acredita a competencia para manipular sistemas frigoríficos refrixerantes fluorados en vehículos

O curso desenvolveuse entre novembro de 2021 e febreiro de 2022 e ao mesmo asistiron 25 persoas (traballadores de Alcoa), divididas en 5 grupos de 5 membros. Academia A Mariña é centro oficial autorizado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Exit mobile version