As actividades que desenvolvemos nas mesas son diversas, máis fundamentalmente damos información á veciñanza sobre os tempos excesivos de agarda ou sobre derivacións cara á capital para procedementos que ben poderían terse feito no noso hospital, e que moitas veces envíanse a centros privados. Outra das actividades que desenvolvemos é a redacción e rexistro de reclamacións individuais e/ ou colectivas, referentes a tempos de espera e tamén pola falta de cobertura de profesionais, merma dos servizos que se dan á poboación ou supresión dos mesmos, tanto en primaria como no hospital.
O dispositivo móbil reiniciará a súa actividade no Centro de Saúde de Viveiro o martes 15 de febreiro de 11 a 13 horas.
A data para comezar con esta actividade será o martes 15 de febreiro no Centro de Saúde de Viveiro en horario de 11 a 13 horas. Elexiuse esta localidade para retomar a actividade dado que existe un problema de falta de cobertura de facultativxs tanto en quenda de mañá coma de tarde de xeito crónico e continuado, orixinándose numerosos problemas para a atención, tanto polo número de persoas que teñen que ver por quenda e profesional, coma polos inasumibles tempos de agarda para unha consulta, chegándose nalgúns casos aos dezaseis días de espera.
Desde este colectivo animamos ás veciñas e veciños de Viveiro a que se acheguen ata o centro de saúde o próximo martes, para facer efectiva a súa reclamción e lembramos tamén que as persoas que teñan algunha reclamación individual “ poden igualmente achegarse e redactarémoslla” – conclúe Montse Porteiro, coordinadora dxs activistas.