Esta convocatoria faise coincidindo co resto das plataformas a nivel estatal e que no caso galego vai facerse en Cangas (Pontevedra) e Ribadeo.
Os motivos principais radican na insatisfación xerada pola aplicación dun IPC medio e non real, o que fai que cada vez mais perdamos máis poder adquisitivo (uns 3 puntos este ano).
A non equiparación das pensions máis baixas ao salario mínimo.
A reivindicación duns servizos sociais públicos e de calidade, con especial atención as persoas máis necesitadas.
Á oposición aos intentos de privatización das pensións etc.
Por todo esto, esperamos o apoio do maior número de persoas á convocatoria do sábado que sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 12 do mediodía.