Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Normalización Lingüística de Foz convida a celebrar o Día de Rosalía

Foz, 21 de febreiro de 2022. A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz invita aos veciños a conmemorar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro desta volta na nova data oficial, este 23 de febreiro. Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e realizará varios actos repartidos durante todo 2022 para celebrar á poeta mas aló do 23 de febreiro.

Asemade o Concello conmemorou o día 21 o Día Internacional da Lingua Materna, cos obxectivos de promover o uso de todalas linguas e a diversidade cultural. As linguas do mundo, o noso galego e o de Rosalía, son un patrimonio cultural e intelectual universal,de gran importancia e trascendencia cultural, que debemos reivindicar.

Exit mobile version