En concreto, a alcaldesa, María Loureiro; Jesús Fernández, teniente de alcalde, e Marisol Rey, concelleira de Turismo, mantiveron encontros de traballos con Pilgrim e Tee Travel, dúas empresas que traballan cos Camiños de Santiago e consideran que o novo Camiño do Mar ten un elevado potencial de crecemento nos próximos anos.
“O Camiño do Mar é unha oportunidade para Viveiro, o turismo que combina deporte e natureza está en auxe e hai moito interese por parte dos touroperadores”, explica María Loureiro.
O Concello de Viveiro mantén de forma periódica reunións coa Asociación do Camiño do Mar, co obxectivo de seguir traballando na visibilización da ruta.
Ademais do Camiño, Viveiro recolleu en Fitur a ‘Q de Calidade’ durante catro anos máis para as praias de Covas e Area, un distintivo que recoñece a calidade e os servizos de ambos areais.
Os destinos de natureza como Viveiro teñen cada vez máis demanda e o concello ofrece ademais aos visitantes un elevado patrimonio cultural e histórico, unha variada gastronomía e eventos moi consolidados ao longo do ano como a Semana Santa.