Neste senso, Vega destaca que “damos un paso máis na recuperación, embelecemento e mellora do noso pobo”.
Concretamente, di, das zonas verdes e da capela da rúa Virxe do Camiño ou castelo de San Damián, así como a conexión co porto na zona de Cabanela.
Por elo, o popular demanda “axilidade” ao Concello para que recollan todas estas medidas no plan de dinamización que debe redactar a entidade local. “Non caben escusas nin outras opcións”, afirma. “A Xunta de Galicia fai os deberes. Seguimos xestionando orzamento e seguimos sumando por Ribadeo”, conclúe