Site icon Crónica3.com A Mariña

Tito Suárez tilda de “irresponsable” que o Concello queira facer ver que repara o Pepe Barrera, cando o que existe é unha falta de mantemento do céspede

Ribadeo, 20 de xaneiro 2022. O coordinador de Deportes, Tito Suárez, tilda de “irresponsable” que o Concello queira facer ver que repara o Pepe Barrera, cando o que existe é unha falta de mantemento do céspede do goberno do BNG. O Grupo Municipal Popular insiste así “na falta de traballo” de Suárez e do seu equipo, como así o demostran as fotografías que adxunta.

“Non imos entrar en insultos e descualificacións, pero as imaxes non menten. De pouco serve intentar agora tapar o que non fan. O que está claro é que non hai conservación, nin unha solución”, a pesares, engade, de que o mantemento do terreo de xogo é de competencia municipal.

Para os populares a xestión do goberno do BNG respecto destas instalacións públicas está a ser “un despropósito”, pois foron remodeladas recentemente cun investimento de 500.000 euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello.

Por este motivo, o Grupo Municipal Popular demanda ao goberno do BNG “que traballe algo máis e se deixe de tanta propaganda”. En definitiva, aseguran, “máis feitos e menos publicidade”. “Sabemos que son un goberno de foto, pero estamos convencidos que as que amosamos non lles gustan nada”, conclúe.

Exit mobile version