O luns, 3 de xaneiro, terá lugar en San Cosme de Barreiros unha charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca. En concreto, falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20:00h no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma “Eólicos na Mariña, así non”, organizadora do acto, convida a asistir a tódolos veciños.