A intensa e emocionante cita comezou cunha boísima intervención de Emilly para as galegas. A resposta das locais foi inmediata con María Sanz nun compromiso no que o Futsi asumiu a posesión fronte un Pescados Rubén moi serio en defensa, con criterio e personalidade, buscando nas transicións a súa mellor arma e o seu maior perigo.
Tras o descanso, ás mariñás quizais lles queimou un pouco o balón nos pés fronte un rival que gañou en chegadas á portería de Jozi, que soubo responder á perfección para manter as táboas no electrónico con actitude e ganas das súas compañeiras en defensa. Leti, á contra, rozou a iniciativa visitante nunha recta final na que o esforzo se reflectiu nos dous equipos.
Antes de comezar a segunda volta a próxima fin de semana, ambas as escuadras terán compromiso no medio de semana. As madrileñas teñen previsto recuperar a xornada 14 con Alcorcón o martes 1. As galegas disputarán o partido da segunda eliminatoria de Copa da Raíña o mércores –día 2- na pista de Universidad de Alicante (19.00 horas) para seguir rumbo a Melilla, para o seu compromiso de liga o sábado coa xornada 16 (18.30 horas).
Ficha técnica
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, María Sanz, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron Becha, Irene Córdoba, Anita Luján, Laura Córdoba, Lorrana
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Cilene, Cami, M. Cortés, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron Ale de Paz, Elena Aragón, Bea Mateos, Elenita, Jozi Oliveira
Árbitros: Manso Martín // Mayo López. Por Futsi amarela Ari (minuto 25). Por Burela amarela a M. Cortés (minuto 36).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira RFEF Feminina disputado en La Estación.