Burela, 18 de xaneiro, 2022. O xogador internacional xaponés Shunta Uchida formará parte da Familia Laranxa as próximas semanas. O ala de 24 anos, procedente do Fuchu Athletic FC, entrará xa hoxe na dinámica de traballo do Pescados Rubén Burela FS.
Shunta Uchida viaxará esta tarde cos seus novos compañeiros para o amigable ante Ribeira FS en Lugo.