Site icon Crónica3.com A Mariña

Pantón, Escairón, Palas de Rei e Mondoñedo completan a xira de visitas da Apalpadora organizada pola Vicepresidencia da Deputación

Lugo, 1 de xaneiro 2022. O programa de visitas da Apalpadora organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de asociacións de nais e pais e colectivos culturais das distintas comarcas inclúe catro encontros para a primeira semana do ano.

O luns 3 de xaneiro, a “filla do Apalpador” estará no Auditorio Municipal de Escairón, no Saviñao, ás 17.00 horas e na Casa da Cultura de Pantón, ás 20.00 horas. O martes 4 de xaneiro, achegarase a Palas de Rei, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura, e Mondoñedo, ás 20.00 horas, na Casa da Xuventude.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, cun espectáculo que mestura narración oral e música.

A programación ten como obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e mantén a liña de colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo e os concellos para achegar alternativas culturais e de ocio a todo o territorio.

Ata a data, a Apalpadora protagonizou estes encontros lúdicos en centros educativos e espazos culturais de Cospeito, Lugo, Becerreá, Guitiriz, A Pastoriza, O Corgo, Sarria, Cervo, Viveiro e Xermade.

Exit mobile version