Site icon Crónica3.com A Mariña

Os agraciados da XI Festa do Comercio de Acisa recollen os seus premios

Ribadeo, 22 de xaneiro de 2021. Ás dúas e media desta tarde rematou o prazo para reclamar os premios da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo que. Varios foron os afortunados e afortunadas que se achegaron polas oficinas da asociación para recoller os seus vales de compra ao longo dos últimos días.

O primeiro premio, dotado con 2.000 euros en vales para gastar nos establecementos asociados, foi para Sofia Folgosa Perez, veciña de Ribadeo. A papeleta premiada co número 199.626 foille entregada no Bar Queimada.

Os dous premios de 500 euros, en vales de compra, correspondéronlles a Marta Teresa López Sanjurjo, de Ribadeo, e a Montse Prieto Salgado, de Ribadeo. As papeletas premiada cos números 117.540 e 81.526 foron entregadas en Menfer e no Bar Galicia.

Un dos dous premios de 250 euros en vales de compra foi para Paula Santamarina Cotarelo, de San Tirso de Abres. A papeleta premiada co numero 173.780 foille entregada en Casa Fandín.

En xogo estaban tamén 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra, dos que foron reclamados dous. Os afortunados foron José Manuel Fernández López, de A Pontenova, e José Manuel Rey Barcia, de Burela. As papeletas premiadas cos números 138.331 e 81.790 fóronlles entregadas respectivamente en Morán e no Bar Galicia.

Os premios da XI Festa do Comercio de Acisa foron recollidos ao longo dos últimos días. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos subliñan que “quedaron desertos algúns deles e tal e como figuraba nas bases desta campaña esas cantidades serán destinadas a novos sorteos”.

Acisa felicita aos gañadores da XI Festa do Comercio, que dispoñen de dous meses para gastar eses vales en calquera dos 160 establecementos asociados.

Durante estes dias tamén foron entregados os premios da campaña Obxectivo 400 impulsada por Acisa e o Ribadeo FC para axudar a ampliar os socios da entidade deportiva. Recolleron os seus premios Ángel Expósito, José Luis Fernández, Valentín García e Anxo Mourelle.

Exit mobile version