Fernández considera que a Deputación, co acordo de cesión dos terreos ao Concello, queda totalmente liberada das responsabilidades que, por vía de Suplusa, tiña adquiridas co polígono de Trabada. Unha parte dos terreos xa fora adquirida por Suplusa, pero, como avisan os populares, aínda os hai que seguen en mans privadas. Polo tanto, queren saber que pensa facer o Concello ao respecto. Fernández explica: “No convenio firmado no seu momento polo goberno popular de Trabada con Suplusa, esta sociedade provincial asumiu practicamente todos os custos, dende a compra dos terreos ata a execución das obras; agora resulta que a Deputación cede os terreos e o Concello asume todo o resto”. Cre que unha vez máis se demostra que a alcaldesa socialista obedece aos intereses do presidente da Deputación e probable secretario provincial do PSOE, José Tomé, e non os do seu concello.
Fernández explica: “Nós o que esiximos é que se cumpra o convenio firmado no seu día. Trabada necesita un polígono e a maneira adecuada de conseguilo era a que se recollía nese convenio. En todo caso, a alcaldesa ten que dar as explicacións que debeu dar antes de tomar esa decisión e de que a Deputación acordara a cesión dos terreos”.