Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro manterá aberta ao público a súa sede durante as mañás dos xoves

Viveiro, 11 de xaneiro de 2022. Un dos compromisos adquiridos polo presidente da xunta local do Partido Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, no congreso no que asumiu o cargo, foi o de traballar para acercar aínda máis o partido aos cidadáns, traballar a pé de rúa en permanente contacto directo cos veciños. Rodríguez anuncia que, dando un paso adiante no cumprimento do compromiso adquirido, a partir de agora os xoves, día de mercado en Viveiro, estará aberta pola mañá a sede do PP, sita na rúa Cervantes, 27, baixo.

Óscar Rodríguez indica que a sede popular estará aberta de 11.00 horas a 13.00 horas. Nese tempo, haberá responsables do partido para atender a aqueles cidadáns que queiran acercarse para expoñer problemas e aportar suxestións tanto en relación co propio partido, como en canto a xestión de asuntos públicos, especialmente de ámbito local.

A apertura da sede nas mañás dos xoves é unha maneira de materializar o compromiso de afondar no camiño da participación dos veciños na vida do partido e do propio municipio. Fronte aos que só fan relato da participación, o PP aposta seriamente por ela en todos os ámbitos políticos. Nesta liña, Óscar Rodríguez pon de manifesto a comprobada alerxia que demostra o goberno local a dar participación nas decisións, non só a pé de rúa, senón incluso aos propios membros da oposición municipal.

Óscar Rodríguez di que a intención do PP e “traballar sempre cos nosos veciños para sumar para encontrar as mellores solucións aos seus problemas”.

Exit mobile version