Deste xeito, os populares, a través do coordinador de Deportes, Tito Suárez, esixen responsabilidades ao goberno do BNG, xa que estas instalacións públicas, ao igual que o resto de dependencias do Concello, esixen un mantemento específico e cada certo tempo. “Non só é investir, é tamén facer os traballos para mantelas. A herba do campo xa está moi deteriorada”, e isto débese, apunta o coordinador de Deportes, “a unha xestión estéril dun goberno estéril que malgasta o diñeiro público”.
A renovación do campo foi financiada pola Deputación, o Concello e a Xunta de Galicia. Neste senso, os populares lémbranlle a Suárez que “o diñeiro público non só está para poñer carteis con donos e con pipas”, e engaden: “non vaia ser que con tanto donut lle suba o azucre. Recorde que o diñeiro non está só para iso”, manifestan.
Por este motivo, o Grupo Municipal Popular demanda ao goberno do BNG “que traballe algo máis e se deixe de tanta propaganda”. En definitiva, aseguran, “máis feitos e menos publicidade”. Asemade, Tito Suárez conclúe que “seguiremos escoitando a todos e trasladando as queixas que nos fan chegar os veciños e veciñas de Ribadeo”.