A Mariña, 26 de xaneiro de 2022. O PP de A Mariña reclama ao Goberno do Estado “avances reais na construción da autovía A-74, explicar aos veciños os trámites que ten previsto levar a cabo, en que prazos e con que cantidades orzamentarias”. Así o manifestan os populares trala publicación do proxecto do trazado do treito Foz-Burela da autovía da Mariña; o que significa que “aínda estamos moi lonxe da licitación das obras”. Condenan, así mesmo, que “tampouco houbo avances no treito Barreiros-Foz, que é o de conexión coa A-8, sometido a información pública en decembro do 2018”.
Os populares explican que “esta infraestrutura, que agora din considerar prioritaria, quedou paralizada ao entrar o PSOE na Moncloa. De feito, nos últimos anos as cantidades recollidas nos Presupostos Xerais do Estado (PGE) dirixidas á A-74 son ínfimas”. Os representantes do PP lucense no Congreso e no Senado teñen reclamado partidas suficientes para facer realidade esta infraestrutura dando continuidade ao traballo iniciado co Goberno presidido por Mariano Rajoy que nos seus Presupostos deixara consignadas partidas para licitar os tramos de Barreiros, Foz e Burela.
Dende o PP lamentan a este respecto que “os socialistas lucenses voten en Madrid en contra destas propostas, o que supón votar en contra das melloras das comunicacións na nosa comarca”. E, insisten no dano que supón para A Mariña que “garden silencio ante as políticas do Goberno de Pedro Sánchez”.
Rotondas na Mariña
Os populares advirten das dificultades que lles teñen trasladado algúns veciños de Cangas, entre Foz e Burela, porque se vén obrigados a facer percorridos demasiado longos para acceder ás súas vivendas”. Polo tanto, “esiximos a construción de rotondas na estrada para dotar á zona de interseccións seguras para o tráfico” do mesmo xeito que todas aquelas que sexan precisas “para garantir o acceso á A-74 en condicións de seguridade”.