O voceiro do BNG, Efrén Castro, encargouse de defender a iniciativa, que propón abordar de forma global a situación dos activos inmobiliarios da SAREB, constituída con capital público como parte dos mecanismos para rescatar á banca tras a crise de 2008.
O deputado nacionalista reclamou “unha solución definitiva para a situación xerada en Burela, garantizando o alugueiro para as persoas que continúan no edificio pero tamén a prestacións dos servizos de comunidade e o mantemento das zonas comúns por parte da SAREB, como propietaria do inmoble”.
E incidiu, como se sinala nos puntos de acordo da proposta, na necesidade de abrir un proceso de diálogo sobre o futuro dos activos inmobiliarios da SAREB de cara á creación dunha bolsa de vivendas para o fomento da vivenda pública social.
O voceiro nacionalista instou á “Xunta a negociar a transferencia das propiedades para poñer en marcha unha bolsa de vivendas facilite o acceso destinada a facilitar o acceso á vivenda das persoas e colectivos más desfavorecidos e da xuventude”.
Nesa liña, Efrén Castro defendeu “a intervención das administracións no mercado da vivenda que”, puntualizou, “non é un ben de consumo máis senón un dereito” e concretou que a crise de 2008 demostrou a ineficiencia das políticas neoliberais que, ademais de imposibilitar o acceso á vivenda para as maioría sociais, crearon a burbulla económica que causou a crise de 2008.