Isabel Rodríguez destacou que “hoxe temos una nova boa noticia para a Mariña que demostra o firme compromiso do Goberno coa comarca e con esta provincia”.
Rodríguez lembrou que “onte asistimos á presentación de dous proxectos de importancia para a Mariña que contan con financiamento do Goberno como son as balizas instaladas pola DXT na A-8 e o Plan de Sostibilidade Turística” e “hoxe temos temos que felicitarnos polo avance nun proxecto, que supón unha prioridade para o Goberno e que está chamado a mellorar as comunicacións da comarca”.
A subdelegada informou de que, tal como informara a Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio polo que se aproba provisionalmente e se somete a información pública o proxecto de trazado da Autovía A-74, de A Mariña, no treito Burela-Foz. A documentación do proxecto estará exposta ao público nos concellos de Foz, Burela e Cervo, na Unidade de Estradas do estado en Lugo e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na Coruña. Ademais, a documentación do proxecto está dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (https://www.mitma.es/el-ministerio/buscador-participacion-publica).