Por outra banda, o popular sinala outro asunto: “non se están sacando a licitación varios servizos para o Concello como a luz, o combustible ou a telefonía. E isto é un problema porque se lle ten que pagar a unha empresa de combustible unha factura pendente dende varios meses que ascende a máis de 5.000 euros”. A este respecto, Vega indica unha alternativa a través da Fegamp: “custaría menos o servizo”.
O popular cre que “este goberno do BNG continúa pechado en si mesmo e, dese xeito, é imposible resolver os temas”.
Daniel Vega cre que “hai moitas fotos, pero poucos froitos”. Polo tanto, preguntará por distintas xestións. Unha delas serán as realizadas ante SEPES porque “despois de 16 anos no goberno, o polígono industrial de Ribadeo segue igual: sen empresas. E, agora, ademais, caen os coches nos accesos á zona industrial. Queremos saber que se fixo para rebaixar o prezo do solo que facilite a implantación de empresas e, ao mesmo tempo, tamén preguntaremos por que non rebaixan os impostos que recada o propio Concello de cara a favorecer a actividade económica no municipio; unha decisión do goberno do BNG. Hoxe as empresas do polígono pagan máis impostos que pagan fai algúns anos”, indica.
O voceiro tamén avanza que o Grupo Municipal Popular preguntará polos traballos que se fixeron en relación á promoción do noso Concello en Fitur.
“Agardamos que o goberno local explique todas estas cuestións ao pobo de Ribadeo”, conclúe.