Madrid, 20 de xaneiro de 2022. Hoxe celebrouse en Madrid a segunda reunión de seguimento do acordo de viabilidade de Alcoa. Á mesma asistiron representantes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, da Xunta de Galicia, membros do Comité de Empresa e a propia Alcoa.
Durante a reunión,o Goberno comprometeuse a axilizar as autorizacións necesarias para a posta en marcha dos parques eólicos necesarios para que Alcoa poida volver á súa actividade o 1 de xaneiro de 2024, tras asinar con diferentes empresas eléctricas a subministración enerxética a prezos competitivos.
O Goberno pedirá á Xunta de Galicia que facilite estas autorizacións no ámbito das súas competencias. Queda pendente que Alcoa identifique os proxectos eólicos para axilizar os trámites, tras a firma de contratos bilaterais coas eléctricas. Ata o momento só anunciou pre acordos con dous delas.
O Ministerio de Industria anunciou a intención de contratar unha asesoría técnica especializada que axude a verificar a execución dos acordos alcanzados entre Alcoa e os traballadores. Ademais, lembrou a súa disposición para explicar á empresa as diferentes liñas de axudas públicas estatais para os futuros investimentos na planta de aluminio.
Por último, desde o Ministerio informouse dos procesos xudiciais abertos para recuperar os fondos de axudas ao CO2 que Alcoa cobrou e que debe devolver ao non manter a actividade nin o emprego.