No pavillón Antonio Tarrío, do IES Vilar Ponte, tivo lugar o primeiro exame deste proceso selectivo para unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase media, mediante o sistema de oposición en turno libre. Dentro das súas competencias, o Concello de Viveiro organiza durante todo o ano diferentes procesos selectivos para aumentar a plantilla de traballadores municipais e dar o mellor servizo posible aos seus veciños e veciñas.