Foz, 19 de xaneiro, 2022. Dentro do proxecto de patios inclusivos que se está a levar a cabo no centro, a ANPA e o Colexio veñen de rematar un novo espacio.
Puxéronse unhas pezas de rocodromo e para que o espazo quedase atractivo, fíxose un mural. A intención é facer patios inclusivos, dotando dunha ampla oferta de lecer ó colexio, que o alumnado teña alternativa e tentar cubrir os seus intereses nese tempo.
A intención é tamén deixar atrais patios nos que o alumnado máis activo ocupa a maior parte do espazo, para dar cabida a unha oferta ampla e variada. Dende o colexio, coa participación no programa de Fomento da actividade físic,a mercou hai uns cursos material deportivo como cordas, raquetas e redes de pádel, bicis, patinetes… Tamén se dotou a biblioteca de xogos de mesa, para pouco a pouco ir ofertando ó alumnado variedade, retomar os futbolíns e as mesas de pin-pon.