Na exposición da moción, o voceiro nacionalista Efrén Castro lamentou que o goberno do PSOE e Unidas Podemos “defraudara as ilusións depositadas pola clase obreira na derrogación da reforma laboral do Partido Popular” e instou aos partidos do Goberno do Estado a “mellorar o texto coas emendas que o BNG, e outros grupos cos que coincidimos nestas demandas, presenten no Congreso”
Nesa liña, fixo fincapé na necesidade de recuperar a indemnización de 45 días por despedimento improcedente; a autorización administrativa previa da autoridade laboral no caso dos Ere,s -algo que, lembrou, fortalecería a posición dos traballadores en casos como o de Vestas -;a prevalencia dos convenios sectoriais sobre os de empresa, en todos os aspectos, ou a prevalencia dos convenios provinciais e autonómicos sobre os estatais.
“O texto aprobado polo Goberno do Estado frea a perda de dereitos pero non os recupera”, concluíu o deputado nacionalista, engadindo que “o BNG defenderá os dereitos de traballadores e traballadoras en todos os foros políticos nos que ten representación”
Fronte á posición de PPdeG e PSdeG que votaron en contra desta iniciativa para mellorar o texto lexislativo, ro voceiro nacionalista enfatizou que “os dereitos laborais son fundamentais nun estado social, non unha utopía – como sinalara antes do deputado popular Agustín Vaamonde-.